Escoitar

Iolanda Veloso entrega os premios aos 68 gañadores do sorteo das "Tardes e Noites Vivas"

A concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, entregou este xoves os premios aos gañadores e gañadoras do sorteo celebrado no marco do programa "Tardes e Noites Vivas". En total foron 68 os mozos e mozas que obtiveron o seu agasallo. En total, repartíronse 25 MP4, 20 marcos dixitais, 20 altofalantes para Pc con webcam e micro e 3 bicicletas pregables, segundo salientou Iolanda Veloso.

xoves, 31 xan 2008
1201788254noitesvivas310108.jpg
"Estamos moi satisfeitos da alta participación no sorteo, porque significa así mesmo unha alta participación nas actividades que forman parte do programa de "Tardes e Noites Vivas", indicou a concelleira, quen ademais de felicitar os premiados do concurso sinalou que a variedade das actividades propostas nesta programación "resulta altamente atraínte para os mozos e mozas de Vigo".

Iolanda Veloso animou, así mesmo, a toda a mocidade viguesa a participar en todas as iniciativas propostas dende a súa Concellería, das que poden atopar información na Casa da Xuventude.
Descargar todas as imaxes