A Fundación VIDE convoca as súas axudas para deportistas individuais vigueses e viguesas
O Comité Executivo da Fundación Vigo en Deporte (VIDE), na súa sesión ordinaria do día 18 de xaneiro de 2008, aprobou as bases para a VI Convocatoria de Axudas aos Deportistas Individuais Vigueses e Viguesas. O concelleiro de Deportes, Xabier Alonmso, salientou este xoves durante a presentación das bases a distinción que nelas se fai por primeira vez entre deportistas de base e de elite, así como o aumento da contía das axudas.
Bases da VI Convocatoria de Axudas aos Deportistas Individuais Vigueses e Viguesas
1º.- Obxecto
A presente convocatoria ten por obxecto a concesión de axudas a deportistas vigueses e viguesas de modalidades individuais que, acreditando unha calidade inicial e unha especial dedicación á actividade deportiva, auguren unha proxección inmediata ou futura para o deporte de alta competición.
2º.- Finalidade
As bolsas obxecto desta convocatoria están dirixidas a consolidar a progresión do rendemento dos deportistas, destinándose a sufragar en parte os gastos ocasionados durante o período de quecemento, competicións, perfeccionamento e adquisición de material técnico durante o ano 2007.
3º.- Beneficiarios
De forma non acumulativa os deportistas poderán optar ás seguintes axudas:
Elite: deportistas que participen en competicións de ámbito nacional e internacional maiores de 16 anos.
Base: deportistas que participen en competicións de ámbito nacional e internacional, ata 16 anos.
Premio Especial Olímpicos: destinado a todos aqueles deportistas con opcións de participación nas Olimpiadas e Paraolimpiadas de Pekín 2008.
4º.- Contía
Cada unha das axudas concedidas contará cunha dotación de:
Base: 1.000 euros
Elite: 2.000 euros
Premio Especial Olímpico: 2.200 euros
5º.- Documentación
As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán nas oficinas da Fundación Vigo en Deporte ou na súa páxina web, www.vide.es, achegando ademais a seguinte documentación:
a) Historial deportivo da temporada 2007
b) Proxecto olímpico
c) Certificado da Federación conforme son certos os logros deportivos
d) Certificado do Club conforme son certos os logros deportivos
e) Fotocopia compulsada da licenza federativa da temporada en vigor
f) Fotocopia do DNI
g) Certificado de empadroamento en Vigo, como mínimo dende o ano 2007
h) Certificado orixinal da titularidade da conta bancaria onde se solicita o ingreso do importe da bolsa.
6º.- Prazo e lugar de presentación
O prazo de presentación das solicitudes será dende o 1 ao 29 de febreiro. A solicitude xunto coa documentación deberá presentarse nas instalacións da Fundación Vigo en Deporte da rúa Cesáreo González.
7º.- Revisión da documentación
Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, poderá requirirse ao solicitante para que, no prazo improrrogable de 10 días, proceda á subsanación de erros. Transcorrido dito prazo sen subsanación terase ao interesado por desistido da solicitude presentada.
8º.- Criterios de concesión e valoración
Consideraranse os méritos obtidos polos deportistas durante a temporada 2007, que comprenderá dende o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2007. Terase en conta a modalidade deportiva de que se trate e as dificultades para acadar méritos na mesma.
9º.- Procedemento
A Comisión de Valoración estará integrada polos membros do Comité Executivo da Fundación Vigo en Deporte:
- O presidente da Fundación Vigo en Deporte
- Un representante da entidade Caixanova
- Un representante da entidade PSA Peugeot Citroën
- Un representante da entidade Pescanova
- Asesor técnico
- Xerente da Fundación
- Secretario
O prazo para emanar e notificar a resolución non poderá exceder dos 3 meses a partir da fin do prazo de presentación de solicitudes.
10º.- Obrigas dos beneficiarios
A. Destinar a axuda para os fins aos que foi concedida
B. Prestar a súa colaboración e imaxe cando así se solicite por parte da Fundación Vigo en Deporte
C. Facer unha axeitada publicidade da Fundación VIDE durante as competicións ou manifestacións deportivas.
Descargar todas as imaxes