Escoitar

O concurso de coplas celebrarase nunha quenda única e por orde de inscrición o venres 1 de febreiro

O concurso de coplas do Entroido 2008 celebrarase, finalmente, o venres 1 de febreiro, por orde de inscrición das cinco agrupacións que solicitaron a súa participación no desfile. Deste xeito, e se non hai cambios, o primeiro grupo en saír ao escenario da praza da Constitución, ás 19.00 horas, será o denominado "Nin chica de jasto", de Moaña; os seguintes serán "Cantareiras Bouzacoba", de Vigo; "Foche á Bodeja", tamén de Moaña, e "As Marujas do Berbés", da nosa cidade. Pechará o desfile "Animodo de Domaio", desta localidade do Morrazo.

mércores, 30 xan 2008
1201702092urumundo05.jpg
A comparsa 'Urumundo', no desfile do Entroido de 2005
Pola súa banda, a orde do desfile de comparsas da edición deste ano do Entroido será froito do sorteo realizado o pasado martes 29 de xaneiro na Casa do Concello. O desfile comezará o sábado ás 19.00 horas na rúa das Avenidas e nel participarán as seguintes agrupacións: en primeiro lugar, "Os amigos de Dracula...", de Nigrán; "Que payasada", de Vigo; "Os de o ano pasado", tamén de Vigo; "Encant Hadas", da nosa cidade; "Isto non é moco de Pavo", de Gondomar; "O Carballo da Laxe", de Vigo; "Estrelas da Noite", de Tomiño; "Urumundo", de Vigo; "La vida es un circo", de Vigo; "Halcones de Béisbol", de Vigo; "A ritmo juvenil", de Vigo; "Globos", de Vigo; "Mitoloxia galega", de Vigo; "Payasitos y payasetes", de Vigo; "Destino Venecia", de Gondomar; "Bloko de Samba Aperta", de Nigrán; "Tinkus de Bolivia", de Vigo; "Chegaron os que faltaban", de Vigo; "Pica pica paxariño", de Vigo; "Ballet Folklórico Bolivia", de Vigo; "Os ria's people", tamén de Vigo; e finalmente as comparsas que desfilan a cabalo, as dúas de Vigo, "Moros e Cristianos" e "El planeta de los simios".
Descargar todas as imaxes