Escoitar

Vigo promociónase como cidade turística en Fitur, cun espazo especial para a Festa da Reconquista

O tenente de alcalde, Santiago Domínguez, dedica as dúas xornadas da súa estadía na Feria de Turismo de Madrid (Fitur) para promocionar Vigo como cidade turística, ademais de presentar a candidatura da cidade para albergar a Universiada. Nas súas intervencións, o tenente de alcalde salienta o potencial de Vigo para atraer varias clases de visitantes, dende os interesados nos deportes ata os que buscan turismo congresual ou ven a Vigo como porto de escala de grandes cruceiros.

xoves, 31 xan 2008
1201787310fitur310108.JPG
Na presente edición de Fitur o expositor de Turismo de Vigo ten como novidades a reserva dun espazo especial para a promoción da Festa da Reconquista e outro para presentar a sexta edición das Xornadas Gastronómicas e Marisqueiras, Vigomar 2008, que se celebarán no porto da cidade do 12 ao 14 de setembro.

No tocante á Festa da Reconquista, Santiago Domínguez subliña que o traballo desenvolvido este ano servirá para "preparar a celebración do Bicentenario do 2009, como a gran festa de todos os vigueses e as viguesas á que todos están convidados".

Respecto a Vigomar 2008, o tenente de alcalde sinalou que coa súa celebración "potenciamos outro aspecto da vinculación de Vigo co mar, como é o turismo gastronómico e, en concreto, o centrado no marisco".
Descargar todas as imaxes