A exposición "Vive os ríos do Norte" chega a Vigo
Dentro da campaña "Un compromiso coa auga", a exposición "Vive os ríos do Norte" abriu as súas portas en Vigo este xoves na Lonxa do Concello, nun acto ao que asistiron o alcalde, Abel Caballero, e o presidente da Confederación Hidrográfica do Norte, Jorge Marquínez.
O Ministerio de Medio Ambiente puxo en marcha esta campaña para achegar aos cidadáns os últimos avances na xestión da auga e transmitir a mensaxe da corresponsabilidade de todos no seu uso sostible.
Esta mostra pretende aproximar a figura da Confederación Hidrográfica do Norte a todo o público, achegándose aos habitantes de cidades como Xixón, Vigo ou Ourense.
Destinada a toda a cidadanía, a exposición ten un apartado especial dedicado aos nenos, para que os máis pequenos poidan familiarizarse coa natureza da auga e coas medidas de aforro que están ao alcance de todos. A través dos obradoiros educativos, poderán participar en visitas concertadas cos centros escolares ou ben acudindo coas súas familias.
A mostra "Vive os ríos do Norte" permanecerá na Lonxa do Concello ata o 14 de febreiro, en horario de 10.00 a 20.30 de luns a venres e de 10.00 a 19.00 os sábados.