O BNG defende regular o botellón para compatibilizar os dereitos á diversión e ao descanso
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, manifestou este venres que o BNG defende a posibilidade de regular a práctica do botellón para lograr que o dereito dos mozos e mozas á diversión sexa compatible co dereito da cidadanía ao descanso. Neste sentido, Santi Domínguez sinalou que o BNG quere que "canto antes" se convoque a comisión correspondente para reinvindicar a compatibilidade destes dous dereitos.
"Chega un momento en que non se pode mirar cara a outro lado", sinalou o tenente de alcalde, quen así mesmo salientou que "non se pode criminalizar o botellón, posto que é unha práctica á que os mozos e as mozas teñen dereito". Pero por outra banda, segundo o tenente de alcalde, este dereito "non pode conculcar o dereito ao descanso e a disfrutar da limpeza das rúas do resto da cidadanía".
Santi Domínguez anunciou que o BNG non descarta elaborar, ou pedir que se elabore, "unha sinxela normativa que contemple a posibilidade de sancionar a quen a incumpra", aínda que matizou que neste tema, as sancións "non son o máis importante". Para o tenente de alcalde, o aspecto fundamental é o da educación e o de concienciar á mocidade da necesidade de facer compatibles ámbolos dous dereitos. Neste sentido , indicou que "non é o mesmo" facer o botellón na praza da Estrela, no Berbés ou na rúa Loriga.
Xa no mes de novembro, nunha comparecencia conxunta coa concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, o tenente de alcalde manifestara a necesidade de crear unha comisión sobre o botellón no Concello de Vigo, sinalando a pertinencia de facer desaparecer o botellón das zonas nas que non son compatibles mediante o incremento da seguridade nos espazos que efectivamente son compatibles, "para que os rapaces e rapazas non se vexan involucrados en liortas", aumentar o número de contendores "nos que depositar o lixo" e instalar urinarios públicos, entre outras medidas. Deste xeito, poderíase demostrar que é posible "disfrutar do lecer dun xeito pacífico e ao mesmo tempo que os veciños poidan disfrutar do seu descanso".