O tenente de alcalde presenta a páxina web da candidatura de Vigo á Universiada de Verán 2013
A partir deste venres, Vigo e o seu proxecto para albergar a Universiada de Verán en 2013 estarán ao alcance de todo o mundo. O tenente de alcalde, Santiago Domínguez, presentou xunto co concelleiro de Deportes, Xavier Alonso, a web <a href = 'http://www.universiadavigo.com/'>www.universiadavigo.com</a>.
É esta unha páxina que ofrece unha gran cantidade de información sobre cinco aspectos fundamentais: a Universiada, Vigo, novas, voluntariado e descarga de documentación. A web está en dous idiomas, galego e castelán, e en poucos días ofrecerá a mesma información en inglés e francés.
Durante a rolda de prensa de presentación da páxina, o concelleiro de Deportes, Xavier Alonso, afirmou que o obxectivo das persoas que traballan a prol da candidatura é seguir sumando "forza social" e que o proxecto da cidade "pase fronteiras". "Queremos que todo o mundo nos coñeza, porque temos capacidade e ilusión", dixo o concelleiro, quen fixo fincapé no traballo de promoción que se está facer.
Pola súa banda, o tenente de alcalde, Santiago Domínguez, amosou a súa satisfacción nos pasos "firmes e contundentes" que segue a proposta de Vigo e afirmou que a presentación deste venres responde ao impulso da imaxe de Vigo 2013 cara ao exterior e a unha "aposta pola modernidade e o emprego de novas tecnoloxías".
Para a creación da web, que polo momento ten 68 seccións, empregouse tecnoloxía HTML, Flash, PHP e XML. Nela poden visionarse vídeos e facerse descargas dos logos da candidatura en diferentes formatos.
O primeiro bloque sitúa o visitante no contexto do deporte universitario e da Federación Internacional de Deporte Universitario (FISU), facendo un percorrido histórico e explicando o seu funcionamento actual. Ademais, ofrece unha ampla visión sobre o Sistema Universitario Galego e sobre o futuro da Universidade de Vigo. Para os que non coñecen Vigo, a páxina fai unha breve presentación da cidade, na que se inclúen imaxes e o vídeo "Corazón de Dragón", do escritor vigués Francisco Castro, que se presentou xunto coa imaxe da candidatura o pasado mes de decembro no Centro Social Caixanova.
A páxina, que se actualiza diariamente, recolle todas as novas relacionadas coa candidatura de Vigo á Universiada de Verán 2013, dende a visita da delegación de Vigo á cita de agosto en Bangkok, a derradeira Universiada. As novas están acompañadas de imaxes, polo que se presenta como unha ferramenta fundamental para os xornalistas que sigan o camiño do proxecto vigués.
O sitio web dedícalle unha parte ampla ao voluntariado, un capítulo fundamental en calquera evento deportivo. Hai que lembrar que na derradeira Universiada de Verán celebrada o pasado ano en Bangkok déronse cita 15.000 voluntarios. Os visitantes poderán obter información sobre os beneficios de formar parte do corpo de voluntarios/as da Universiada Vigo 2013 e os cometidos aos que poderán optar, segundo as súas preferencias: condutores, tradutores, servizos administrativos, información, apoio loxístico, aplicacións informáticas, control de acceso, asistencia ás diferentes delegacións, credenciais, aloxamentos, protocolo, servizos médicos e de asistencia sanitaria e medios de comunicación. Este bloque de contido facilita tamén un formulario para inscribirse xa mesmo neste corpo de voluntariado do proxecto vigués.
O tenente de alcalde, Santiago Domínguez, aproveitou esta presentación para adiantar detalles da visita por parte da Comisión do Consejo Superior de Deportes os vindeiros días 5 e 6 de febreiro. Domínguez fixo un símil co que están a vivir agora os universitarios e dixo que a cidade ten que "pasar os dous primeiros exames parciais para chegar ao exame final".
Neste sentido, a derradeira proba estatal será o 4 de marzo, cando o equipo de traballo vigués terá que defender en Madrid o seu proxecto; a nota darase a coñecer unha semana máis tarde. Con respecto á visita, a comitiva chegará á cidade o martes a última hora da mañá, e dedicará toda a tarde a diversas reunións internas de traballo. Ese mesmo día, e sobre as oito, ofrecerase un cóctel oficial no Pazo de Castrelos, ao que asistirán diversas personalidades dos ámbitos políticos, empresariais, sociais, deportivos e de medios de comunicación da cidade. A xornada do mércores empregarase para visitar as distintas instalacións deportivas de Vigo, o IFEVI, o Porto e o Campus.
As persoas que integran esa comisión son as seguintes: Antonio Montalvo de Lamo, Subdirector Xeral de Promoción Deportiva do CSD; Juan Manuel Hueli Amador, Xefe de Área de Promoción Deportiva do CSD; Aitor Canibe Sánchez, Xefe de Servizo de Deporte Universitario do CSD; Juan de la Cruz, Director Xeral de Deportes de Andalucía; Eugenio Bermúdez González, da Federación Española de Ciclismo; Rafael González, da Real Federación Española de Vela; Santiago Toribio Pérez, da Universidad de Valladolid; Andreu Benet Busquets da Universidad Autónoma de Barcelona.
Santiago Domínguez adiantou tamén que no vindeiro partido do Real Club Celta de Vigo despregarase unha pancarta coa imaxe da candidatura e que se está a traballar para que o resto dos equipos galegos de elite poidan facer o mesmo.
Descargar todas as imaxes