mércores, 19 set 2007
<br />
O Instituto Feiral de Vigo contará antes de que remate o ano coas primeiras gradas retráctiles que permitirán que o recinto poda diversificar a súa utilización. Así o confirmaron a directora xeral de Consumo da Xunta, Ana Rúa, e o tenente de alcalde, Santi Domínguez, ao remate da reunión do Padroado o Ifevi.
mércores, 12 set 2007
O Concello iniciou o pago das subvencións concedidas para a rehabilitación de vivendas no Casco Vello e en Bouzas que estaban pendentes. O proceso iniciouse a finais do mes de agosto e nestes dúas semanas repartíronse 34 axudas por un total de 216.477 euros.
O tenente de alcalde viaxa a Bilbao para recabar información sobre o proceso de revitalización urbana da capital vizcaína
mércores, 5 set 2007
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, reunirase mañá en Bilbao co seu alcalde, Iñaki Azkuna, para coñecer de primeira man o proceso de transformación que se ten desenvolvido nesa cidade nos últimos anos. Santi Domínguez considera que Bilbao, como cidade industrial que é, ten moitas semellanzas con Vigo e está interesado en saber como se fixo ese proceso de revitalización urbana. O tenente de alcalde quere, sobre todo, recabar información sobre o que atinxe á rehabilitación do Casco Vello e da ribeira do Nervión.