O Ifevi contará coas primeiras gradas retráctiles antes de final de ano
<br /> O Instituto Feiral de Vigo contará antes de que remate o ano coas primeiras gradas retráctiles que permitirán que o recinto poda diversificar a súa utilización. Así o confirmaron a directora xeral de Consumo da Xunta, Ana Rúa, e o tenente de alcalde, Santi Domínguez, ao remate da reunión do Padroado o Ifevi.
Na xuntanza decidiuse iniciar xa os trámites para poñer en marcha esta primeira fase de instalacións das gradas. O obxectivo é que cando estean completadas todas as fases se dispoñan de entre 6.500 e 6.800 asentos. Deste xeito, o Ifevi poderá ampliar a súa oferta para a celebración de eventos nos que os espectadores deben estar sentados.
Ana Rúa destacou o compromiso da Consellería de Industria co desenvolvemento futuro do Ifevi e adiantou que contribuirá económicamente para a adquisición das novas gradas. "Este ano vanse celebrar 20 feiras no Ifevi o que, ademais do volumen de negocio que se mova, vai contribuir tamén no desenvolvemento socioedonómico de Vigo e da súa área, pero tamén de Galiza. Por iso, a nosa aposta por este recinto é absoluta", asegurou.
O tenente de alcalde salientou no mesmo senso que o Concello de Vigo fai unha aposta decidida pola potenciación do recinto feiral. "Estamos convencidos do seu potencial e do importante papel que pode xogar para o impulso turístico, social e económico da nosa cidade", explicou.
Antes da reunión do Padroado, celebrouse a reunión do Comité Executivo na que tomaron parte os novos membros. O tenente de alcalde Santi Domínguez incorporouse polo Concello como presidente do Comité Executivo e José Manuel Figueroa como representante da Diputación Provincial de Pontevedra.
Descargar todas as imaxes