mércores, 19 setembro 2007

O Ifevi contará coas primeiras gradas retráctiles antes de final de ano

mércores, 19 set 2007

<br /> O Instituto Feiral de Vigo contará antes de que remate o ano coas primeiras gradas retráctiles que permitirán que o recinto poda diversificar a súa utilización. Así o confirmaron a directora xeral de Consumo da Xunta, Ana Rúa, e o tenente de alcalde, Santi Domínguez, ao remate da reunión do Padroado o Ifevi.

Mulleres desempregadas beneficiaranse dun curso de formación en empresas con compromiso de contratación, da Concellaría de Promoción Económica e Emprego

mércores, 19 set 2007

A Xunta de Goberno Local, a proposta da Concellaría de Promoción Económica e Emprego, aprobou o curso de Auxiliar de axuda a domicilio deste ano 2007 que se desenvolverá na empresa Galicia Saudade, S.L. dentro do "Programa de formación en empresas con compromiso de contratación" que, no marco do Plan municipal de emprego 2004-2007, beneficiará a 15 mulleres desempregadas do municipio de Vigo.

Cursos para mulleres "Tí es a protagonista"

mércores, 19 set 2007

A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou os cursos do primeiro cuatrimestre do programa de actividades de formación e animación sociocultural para mulleres "Tí és a protagonista" do que se abre o prazo de inscrición do 24 de setembro ao 10 de outubro de 2007.