Escoitar

Cursos para mulleres "Tí es a protagonista"

A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou os cursos do primeiro cuatrimestre do programa de actividades de formación e animación sociocultural para mulleres "Tí és a protagonista" do que se abre o prazo de inscrición do 24 de setembro ao 10 de outubro de 2007.

mércores, 19 set 2007
1190203950iolandaveloso190907.jpg
As mulleres interesadas nun ou máis cursos poden inscribirse no local da asociación que o vaia a realizar, sexa ou non socia da asociación. De ter algún curso máis demanda que número de prazas, as asociacións e vogalías da muller seleccionarán ás alumnas priorizando ás mulleres do barrio, sexan ou non socias.

As entidades que colaboran no programa poderán cobrar ata un máximo de 7.-€ , por alumna, en concepto de matrícula.

Relación de cursos: comunicación e habilidades persoais, saúde, ximnasia, fotografía, coñecemento do contorno, pintura, axilidade mental e prácticas de memoria, repuxado de estaño, decoración en vidro, candeas e xabóns artesanais, percusión e canto tradicional, inglés, iniciación á informática, reciclaxe e decoración de obxectos, esmalte, arte floral, repuxado de cerámica, danza, risoterapia, cestería, teatro, tai-chi, batuka, pilates, patinaxe, e masaxe.

O periodo de realización dos cursos abrangue dende o 15 de outubro de 2007 ao
24 de febreiro de 2008.

Inscricións: Nas asociacións e vocalías da muller das asociacións veciñais.

Máis información: Na Concellería de Igualdade.1ª planta da Casa do Concello.Telefóno 986-810 284 ou na páxina web do Concello: www.vigo.org
Descargar todas as imaxes

Máis información