Escoitar

Mulleres desempregadas beneficiaranse dun curso de formación en empresas con compromiso de contratación, da Concellaría de Promoción Económica e Emprego

A Xunta de Goberno Local, a proposta da Concellaría de Promoción Económica e Emprego, aprobou o curso de Auxiliar de axuda a domicilio deste ano 2007 que se desenvolverá na empresa Galicia Saudade, S.L. dentro do "Programa de formación en empresas con compromiso de contratación" que, no marco do Plan municipal de emprego 2004-2007, beneficiará a 15 mulleres desempregadas do municipio de Vigo.

mércores, 19 set 2007
1190203725axuda190907.jpg
Para o deseño deste curso tivéronse en conta os intereses formativos manifestados polas persoas usuarias do Servizo de orientación laboral e as necesidades detectadas no mercado de traballo.

O alumnado deste curso, seleccionase entre as persoas entrevistadas polo persoal do Servizo de orientación laboral do Concello que teñan dentro do seu itinerario formativo a realización de cursos de formación ocupacional, e a empresa participante, Galicia Saudade, S.L., asume a contratación do 50% do alumnado que remate satisfactoriamente o curso por un período non inferior a tres meses.

O presuposto para este curso é de 8.069€ no que se inclúen todos os gastos de realización desta acción formativa como son persoal docente, material funxible, seguro de alumnado.

A formación ocupacional con este tipo de actuacións realízase nun ámbito produtivo real, que é a empresa, onde o alumnado pode observar e desempeñar as actividades e funcións propias dos distintos postos de traballo, coñecer as relacións laborais e a organización dos procesos produtivos.

A materialización deste curso faise inmediatamente despois da sinatura deste convenio de colaboración entre o Concello e a empresa Galicia Saudade, S.L.
Descargar todas as imaxes