xoves, 23 feb 2017
Abel Caballero vén de remitir unha carta ao presidente Núñez Feijóo pedíndolle á Xunta que explique oficialmente, nun prazo máximo de cinco días, qué diverxencia de interpretación ten co Concello sobre o convenio do transporte metropolitano.
martes, 21 feb 2017
Este foro -integrado por Concello, Xunta, Porto, Zona Franca e asociacións de transporte e loxística- trataría do acceso dos vehículos pesados deste Teis ao centro e tamén da chamada "Cidade do Transporte". Tras reunirse con empresarios do sector, Caballero anunciou que remitirá unha carta a Núñez Feijóo coa proposta.
martes, 21 feb 2017
Dende hoxe martes poden desprazarse en transporte público urbano os primeiros catro usuarios de cadeiras de rodas motorizadas, logo de realizaren un curso formativo para o seu manexo. Vigo é a primeira cidade galega en activar este sistema.
luns, 20 feb 2017
Afirma que non existen razóns para atrasala logo da información favorable do Concello e a tramitación do proxecto conxunto da estación do AVE e a de autobuses pola Lei 3/2016 de medidas urxentes. O proxecto estará vinte días en exposición pública e o Concello emitirá un informe reflectindo o interese da obra para a cidade.
venres, 17 feb 2017
O alcalde anunciou este venres a posta en funcionamento "de forma inmediata" do novo sistema de regulación do acceso de coches ao Casco Vello con cámaras de lectura de matrículas que accionarán un semáforo para permitir o paso. Trátase dunha tecnoloxía máis moderna e que facilita o labor dos servizos de emerxencias.
venres, 17 feb 2017
O alcalde recibiu esta mañá o apoio de varios colectivos do barrio de Teis á reclamación municipal de construír un acceso desde a AP9 á Avenida de Bos Aires. Así o explicou esta mañá logo de manter un encontro con veciños para intercambiar opinións sobre a situación desta zona da cidade.
martes, 14 feb 2017
O rexedor explicitou esta mañá o seu apoio ao proxecto de Cidade do Transporte ao que cualificou de "imprescindible" nunha reunión que mantivo con Asetranspo. Reclamou coñecer detalles desta iniciativa e saber canto vai achegar á Xunta de Galicia para o seu financiamento.
venres, 10 feb 2017
O alcalde recibiu este venres á nova subdelegada do Goberno na provincia de Pontevedra, Ana Ortiz, a quen lle deu a benvida ao cargo e coa que quere manter unha relación "tan boa, e se é posible aínda mellor, que a que tiven co seu antecesor", Antonio Coello. Abel Caballero explicou que a boa relación institucional no plano da lealdade está marcada pola cooperación, especialmente entre as policías, para "mellorar a eficiencia da acción conxunta", e agarda que continúe nesta liña.
venres, 10 feb 2017
Abel Caballero mantivo un encontro este venres con Manuel Teijeiro, novo comisario Xefe da Comisaría de Policía de Vigo-Redondela a quen lle manifestou a vontade do Concello de continuar coa relación fluída que teñen establecida ambas institucións a través, entre outros, do órgano de coordinación da Policía Local e a Nacional que se reúnen "practicamente" todas as semanas e que permite traballar con eficacia de forma conxunta.
venres, 10 feb 2017
O alcalde asinou este venres un protocolo de colaboración coa cadea de supermercados que asumirá o custo da instalación dunha unidade semafórica na contorna do seu establecemento na Avenida da Florida.