venres, 26 mai 2017
O alcalde de Vigo lamentou a decisión do Congreso dos Deputados de aceptar unha emenda orzamentaria que atrasa ata 2025 a finalización a variante do AVE por Cerdedo. Nesa proposta adiántanse outros tramos de toda España, mentres que a conexión de Vigo postérgase dous anos máis, pasando a data de finalización de 2023 a 2025. <br />
mércores, 24 mai 2017
O alcalde eloxiou esta mañá a labor da Policía Local e trasladoulles a todos os axentes "o orgullo dos 300.000 vigueses polo seu compromiso coa cidade". Durante os actos que conmemoran o Día da Policía Local, este ano entregouselle a Cruz de Ouro do mérito policial á viúva e aos fillos de José Luis Garea, axente local de Carballo, falecido en acto de servizo cando realizaba un control preventivo de alcoholemia.
venres, 19 mai 2017
"Non sabemos nada" da Xunta "desde o 5 de setembro", data na que o goberno de Vigo remitiu observacións "insignificantes" ao borrador de convenio, sobre o que "hai acordo", explicou Caballero. O Concello reclama á Xunta de Galicia que subvencione un bus express ao aeroporto como fai en Santiago, con 340.000 euros.
xoves, 11 mai 2017
O edil de Seguridade fixo balance do traballo da Policía Local no 2016 na prevención e atención a vítimas de violencia machista, con 248 ordes de afastamento atendidas, cursos de autoprotección e apoio a entidades que traballan coas mulleres. Carlos Font enfatizou que "ningunha muller nesta cidade deixou de ser atendida desde a Policía Local por problemas de violencia de xénero"
mércores, 10 mai 2017
O Concello comezou o pasado 2 de maio coa nova liña do autobús urbano H3, que parte de Teis e finaliza no Hospital Álvaro Cunqueiro. O novo traxecto pasou de 18 a 56 viaxeiros nos seus primeiros seis días, avanzou Caballero, o que revela que instaurar a liña foi unha "decisión acertada" e confiou en que a ocupación seguirá crecendo.
martes, 9 mai 2017
O concelleiro de Seguridade, Carlos López Font, deu conta este martes do incremento en dez anos do número destas prazas de aparcamento, dispoñendo na actualidade dunha por cada 20 non reservadas, unha ratio superior á habitual noutras cidades e que supón multiplicar por 3,5 as que había en 2006. Ademais, hai 444 semáforos adaptados para persoas cegas.
luns, 24 abr 2017
A nova liña de autobús que unirá Teis co hospital Álvaro Cunqueiro arrancará o próximo martes 2 de maio con dúas frecuencias diarias -ás 07,45 e 11,00 h- que sairán desde García Barbón "Calzada". Estas conexións, segundo explicou o rexedor, poderán incrementarse nun futuro se así o requirira a demanda.
martes, 18 abr 2017
Maio será o mes da bicicleta na cidade coa posta en marcha de Vive Vigo en bici, iniciativa organizada por A golpe de pedal co patrocinio de Concello e Deputación. Na rolda de prensa de presentación, o rexedor reiterou o compromiso do goberno local na promoción da bicicleta como vehículo de transporte e forma de vida saudable.
venres, 7 abr 2017
O alcalde informou da continuidade do proxecto de construción de 400 prazas de aparcamento de balde trala luz verde da Xunta de Goberno á oferta de contratación das obras por 538.000 euros. Tamén deu o visto bo ao convenio polo que FOANPAS recibe 606.000 euros do Concello para bolsas de comedor.
mércores, 29 mar 2017
O rexedor trasladou esta mañá ao novo xeneral xefe da Garda Civil, Ángel Alonso Miranda, a súa satisfacción co traballo que desempeña no noso territorio ao tempo que os felicitou polos novos locais dos que van dispoñer no Porto de Vigo. Logo de facer un repaso pola súa actuación no aeroporto, na Autoridade Portuaria, nas Aduanas, e en diferentes zonas do territorio, Caballero transmitiulles o "absoluto" apoio da cidade a súa función.