O alcalde constata a "unanimidade total da cidade" na demanda do AVE directo a Madrid
Caballero mantivo reunións este martes con representantes dos sindicatos CCOO e co Comité de Empresa do Concello con que abordou as mobilizacións para esixir ao Goberno de España e á Xunta a conexión directa de alta velocidade entre Vigo e Madrid. <br />
O rexedor apuntou a "resposta unánime favorable" da cidade ao tren de alta velocidade directo Vigo-Madrid, logo de reunirse este martes cos sindicatos CCOO e co Comité de Empresa do Concello e despois de ter contactado con entidades sociais, veciñais, deportivas, culturais e medioambientais viguesas.
"A unanimidade social é total e absoluta e isto é un éxito. Todo Vigo demanda hoxe, mañá e sempre o tren de alta velocidade directo de Vigo a Madrid", apuntou. Tamén lembrou o concerto reivindicativo que se celebra mañá mércores ás 20:30 horas na Porta do Sol de man da Coral Casablanca no que estará representada toda a cidadanía "amosando a súa vontade activa de demandar con fortaleza e enerxía o AVE".
Reiterando que esta é unha "demanda social" de Vigo e que non supón "dicir que non a ninguén, senón esixir o AVE para nós" sinalou que, sendo Vigo a undécima urbe en tamaño de España, "non estamos dispostos a ser a única gran cidade de España que non ten AVE, todas as grandes cidades teñen AVE ou o teñen programado ou en construción e isto non imos toleralo".
Por iso, convidou á cidadanía a que se sume ao concerto de mañá no que "de forma civilizada seguiremos demandando o AVE", malia que primeiro é necesaria a declaración de impacto ambiental que "leva cinco anos metida nun caixón", dixo, tendo a Xunta de Galicia a solicitude de informe desde decembro "e non moveu un papel aínda e xa tiña que levar catro meses enviada a Madrid".
Convenio con CCOO
O alcalde deu conta tamén da sinatura dun convenio con CCOO no marco do fomento do emprego e a negociación colectiva, por un importe de 14.000 euros. No acto estiveron presentes Sergio López, secretario general CCOO de Construcción e Servizos de Galicia e Amelia Pérez, secretaria comarcal de CCOO Vigo.