xoves, 15 xuñ 2017
O alcalde deu a coñecer que as celebracións da cidade empregarán este lema como sinal de apoio á candidatura do arquipélago a Patrimonio Natural da Unesco e como mostra dun "sentimento unánime" de Vigo.
xoves, 15 xuñ 2017
Abel Caballero saudou este xoves a parte do equipo humano que atenderá as necesidades cidadás en dez areais desde hoxe e ata o 15 de setembro e destacou o "servizo excepcional" que presta a Unidade de Costa e Praia da Policía Local.
xoves, 15 xuñ 2017
A Xunta de Goberno local deu luz verde ao proxecto de mellora do interior e do entorno da Escola de Música de Beade. O orzamento ascende a preto de medio millón de euros e permitirá ampliar os espazos e, polo tanto, a capacidade de docencia.
xoves, 15 xuñ 2017
Segundo informou Abel Caballero, o goberno de Vigo elaborará un proxecto para mellorar as rúas Ribadavia, as primeiras travesías e a comunicación coa rúa Colombia. A Xerencia de Urbanismo aprobou hoxe xoves a incoación da contratación das obras.
xoves, 15 xuñ 2017
O alcalde eloxiou esta mañá o traballo dos organizadores da Feira Internacional da Industria Naval de Vigo, unha cita bianual que volverá ao Ifevi en maio de 2018. Antes de presidir o Comité Executivo de Navalia, o rexedor vaticinou o éxito deste encontro, unha vez que o sector empezou a superar a crise económica e o ataque do tax lease.
xoves, 15 xuñ 2017
Nunha visita á actividade "Apadriñamento lector" coa que alumnado do IES de Teis realiza lecturas en castelán, galego e inglés a escolares do CEIP San Salvador, Abel Caballero interesouse polos libros que manexan os cativos e convidounos a que teñan sempre un libro preto e lean en diferentes linguas. Os equipos dinamizadores das bibliotecas dos dous centros organizaron este acto, no Parque da Riouxa en Teis, no que participaron arredor de 130 alumnos, 16 docentes e varias familias.