O rexedor avoga por "dinamizar" o MARCO e convertilo na "gran referencia" do noroeste peninsular
O Padroado do MARCO acordou onte martes a súa "adaptación" ao que "mandan os estatutos", quedando as administracións partícipes representadas en función da súa participación no orzamento do Museo -o Concello achega o 75,24% do total, segundo recordou o alcalde-. Caballero defendeu que "é o momento" de "dinamizar" o MARCO e dotalo dunha "ambición distinta".
O alcalde, Abel Caballero, explicou que a reunión do padroado do Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) celebrada onte martes decidiu a "adaptación" da súa composición ao que "mandan os estatutos", polo que cada administración pasará a estar representada proporcionalmente á súa participación no orzamento da entidade museística viguesa.
Os estatutos, relatou Caballero, sinalan que haberá "dez vogais designados polas entidades que en cada momento integren a Fundación. As designacións acomodaranse á proporcionalidade existente entre as achegas que realicen as distintas entidades". Así, o Concello de Vigo, administración que soporta o 75,24% do orzamento do MARCO, pasará a ter "sete ou oito" representantes no Padroado, mentres que os restantes se repartirán con proporcionalidade entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Cultura.
O alcalde denunciou que o vogal designado en representación da Xunta de Galicia votou onte en contra do acordo, polo que propuxo ao goberno autonómico que incremente a súa participación no museo vigués ata o millón de euros anuais, e ter así logo a maioría. Caballero denunciou que a negativa autonómica de onte vai en contra "dos propios estatutos e da lóxica", pois en "todas as fundacións do mundo" o peso maioritario recae en quen as financia.
Segundo o acordo adoptado onte, "novos vogais" entrarán no padroado do MARCO "en representación da cidade", anotou Caballero, e polo tanto agora "é o momento" de "dinamizar" o centro expositivo vigués, pois ademais o seu actual director non continuará no cargo. O alcalde avogou por dotar ao museo dunha "ambición distinta" que o convirta na "gran referencia" do noroeste peninsular: "queremos estar na dinámica do Guggenheim", concluíu.