O Concello inicia a urbanización do barrio de Ribadavia con 450.000 euros
Segundo informou Abel Caballero, o goberno de Vigo elaborará un proxecto para mellorar as rúas Ribadavia, as primeiras travesías e a comunicación coa rúa Colombia. A Xerencia de Urbanismo aprobou hoxe xoves a incoación da contratación das obras.
O alcalde, Abel Caballero, deu conta este xoves da incoación da contratación das obras de urbanización no PERI San Roque "A" - Barrio de Ribadavia, o inicio de proxecto de mellora da zona que conta cun orzamento de 450.000 euros.
O barrio atópase en estado de "deterioro significativo", en verbas de Caballero, e o goberno de Vigo proxecta a "mellora sustancial" das rúas Ribadavia, as travesías primeira e segunda, e conexión coa rúa Colombia. Trátase da parte de atrás do novo centro comercial de Pizarro e das comunicacións coa nomeada rúa.
Vencellado con estas reformas, o alcalde recordou que o goberno que preside traballa na humanización da rúa Colombia, co que a actuación no barrio será "significativa".