O goberno municipal completa a humanización de Camelias co seu asfaltado
O alcalde informou da realización dos traballos de asfaltado este sábado, día 5, que supoñerán o corte ao tráfico da Avenida dende as oito da mañá, mentres mañá xoves e o venres haberá restricións na circulación. A humanización da rúa terá un investimento total de 6,5 millóns de euros.
A humanización da Avenida das Camelias, no tramo que vai desde Doutor Marañón ata Menéndez Pelayo, continúa estes días coa preparación do asfaltado. Abel Caballero deu conta das restricións da circulación que se producirán mañá xoves e o venres por mor da preparación e fresado do firme. Os coches poderán empregar a vía, aínda que con limitacións.
Ademais, sinalou o rexedor que este sábado, día 5, entre as 8 da mañá e ata as 21:00 horas da noite a Avenida das Camelias quedará pechada ao tráfico para realizar o asfaltado. "Só se permitirá o acceso dos residentes con algunha dificultade, polo que é mellor que traten de non usa o coche", ou mesmo recomendou que traten de aparcalo fóra para evitar incomodidades. O Concello habilitará e sinalizará os desvíos de tráfico oportunos para facilitar la circulación de vehículos.
Caballero salientou a "importancia" desta humanización que no tramo actual supón un investimento dun millón de euros, que ascenderán a 6,5 millóns de euros cando estea rematada a última fase, que é a quinta, e que ten un importe de 2 millóns de euros.