Escoitar

O Concello respalda o congreso español sobre VIH que se celebrará en Vigo en outono

O Congreso GeSida, de ámbito nacional, terá lugar no Mar de Vigo entre o 28 de novembro e o 1 de decembro, coa participación de setecentos profesionais. O alcalde avogou por aproveitar a cita para sensibilizar á cidadanía na prevención e atención, e singularmente para lotar contra a "demonización" da enfermidade.

martes, 1 ago 2017
1501590451gesida.JPG
Nunha reunión cos responsables do evento, Abel Caballero garantiu o apoio do goberno vigués e reflexionou sobre a necesidade de levar adiante unha mobilización na cidade para concienciar sobre a importancia da atención e prevención da enfermidade e, en particular, para loitar contra a "demonización" desta, que existe todavía e "ten que ser eliminada do contexto social".
Descargar todas as imaxes