Escoitar

O alcalde destaca a aprendizaxe e conciliación familiar que ofrecen os campamentos de verán

Na visita ao que se desenvolve estes días nas Travesas, con preto de 500 nenas e nenos, puxo en valor os 250.000 euros de dedicación municipal para facer accesibles estas actividades ás familias viguesas.

martes, 1 ago 2017
1501590557traviesas.JPG
Abel Caballero apuntou que Vigo é "a cidade de Galicia que máis prazas ofrece" neste 2017 con 25.500, un incremento do 14% respecto ao ano anterior, subvencionando o 70% de cada actividade a quen debe pagalas e o cento por cento a quen non debe facelo. Así, xustifica o investimento do Concello de 250.000 euros "porque queremos que sexan accesibles para todas as familias, calquera que sexan os seus recursos".

No campamento das Travesas, que se desenvolve ao longo de dúas semanas, están participando case 500 nenas e nenos, que dispoñen do servizo de aula matinal para axudar á conciliación das familias. Para o rexedor "é unha satisfacción ver como gozan e aprenden amais de permitir a conciliación da vida familiar a laboral".
Descargar todas as imaxes