O Concello cede unha parcela aos comuneiros de Zamáns para construír un pavillón
A Comunidade de Montes investirá un millón de euros na infraestrutura da que o Concello asumirá o mantemento. A Xerencia de Urbanismo outorga tamén licenza de construción para un edificio de 25 vivendas na rúa Aragón.
O alcalde referiuse á importancia da "cooperación" coa Comunidade de Montes de Zamáns que lles permitirá construír un pavillón polideportivo cuxo mantemento asumirá despois o Concello.
Tal e como explicou, a Xerencia de Urbanismo dará luz verde á agrupación e segregación de dúas parcelas do inventario municipal de Bens-Zamáns para cederlle unha parcela de 3.300 metros aos comuneiros. Nese espazo, xunto a outros terreos da súa propiedade, erguerán un pavillón polideportivo cun investimento aproximado dun millón de euros.
En relación a esa inversión, Caballero sinalou que o Concello vai aboar esa cantidade, un millón de euros, á Comunidade de Montes pola expropiación dos terreos para a Universidade e que "destinarán ao pavillón que pasará a estar baixo mantemento municipal unha vez que conclúan as obras"".
Ademais, o rexedor deu conta do outorgamento dunha licenza de construción para un edificio de 25 vivendas na rúa Aragón que terá catro plantas, con soto, garaxes e trasteiros e un orzamento case dous millóns de euros. Para Caballero esta acción "amosa unha parte da reactivación do urbanismo e edificación na cidade".