Escoitar

O alcalde, satisfeito pola compra de Opel por PSA, pois reforza a automoción en Vigo

Caballero trasladou este martes a súa "satisfacción" polo peche da compra de Opel por parte de PSA Peugeot Citroën, unha operación que reforza ao grupo automobilísitico e tamén á factoría de Vigo, pois o papel de Balaídos "será se cabe máis importante" agora. Para o rexedor, a compra supón un reforzo da automoción na cidade.

martes, 1 ago 2017
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, amosou este martes a súa "satisfacción" polo peche da compra de Opel por parte de PSA, que xa fora anunciada en marzo. Para o primeiro edil, a operación supón un reforzo "moi importante" para a automobilística francesa -que pasa a ser o segundo fabricante de Europa cunha cota de mercado que se achega ao 20%- e tamén para Vigo, pois a factoría de Balaídos ten unha "enorme produtividade e competitividade".

"Como estamos moi seguros da nosa capacidade, sabemos que o noso papel neste grupo reforzado vai ser, se cabe, máis importante", aseverou Abel Caballero sobre una operación que reforza a automoción na cidade de Vigo.