O goberno local peonaliza o Casco Vello de Bouzas desde hoxe venres
O rexedor explicou que desde ás 10,00 h de hoxe venres prohíbese o acceso en coche ao Casco Vello de Bouzas, excepto para residentes e carga e descarga, neste caso entre as 8 e as 11 h, coa posibilidade de ampliar este horario en función das necesidades. Caballero aclarou que os primeiros días serán de aprendizaxe para os usuarios.
O alcalde anunciou que hoxe ás 10,00 horas comezou a peonalización do Casco Vello de Bouzas, limitando o tráfico a residentes, taxis e carga e descarga entre as 8 e as 11,00 h, aínda que este horario podería ampliarse se as necesidades así o esixiran. Incidiu en que se trata dunha zona histórica e o goberno local que sexa tratada como zona peonil, evitando o deterioro que produce a circulación.
A peonalización abarcará toda a zona, desde as rúas Ferreiros e Pazo, a Praza da Vila ata a ligazón con Eduardo Cabello e todas as adxacentes ata a igrexa. A rúa Ferreiros poderá descenderse para entrar en Casiano Martínez, pero estará sinalizado que non ten saída. Tal e como avanzou o rexedor, estes primeiros días serán de aprendizaxe e adaptación para todos os usuarios e "nun tempo razoable" emitiranse as tarxetas de residentes.