xoves, 8 xuñ 2017
                    O rexedor mantivo un encontro co director da compañía irlandesa para España e Portugal para analizar a súa situación na terminal viguesa, onde a conexión con Barcelona traballa "a plena capacidade e demanda reforzos" a os voos internacionais funcionan ao mesmo nivel. 
                 
            
                                        
                
                    
                    
                    
                    xoves, 8 xuñ 2017
                    A Asociación de Comerciantes da Zona Centro de Príncipe poderá empregar cinco profesionais que fomentarán o comercio e mellorarán a súa integración laboral. Tamén se aprobou a adxudicación provisional de nove quioscos nas praias do Concello e un convenio de 16.000 euros cos Mariñeiros Artesanais de Bouzas. 
                 
            
                                        
                
                    
                    
                    
                    xoves, 8 xuñ 2017
                    "Como é natural e como demandábamos", así explicou o alcalde o posicionamento do goberno municipal no consello de administración do Consorcio celebrado este xoves, apostando pola extensión do "gran traballo" que está facendo. 
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    xoves, 8 xuñ 2017
                    O alcalde e presidente de Zona Franca participou esta mañá na clausura do acto de lanzamento da segunda convocatoria Business Factory Auto, no Centro de Negocios Porto do Molle.  Durante a súa intervención, destacou a "excelencia e a capacidade" dos nove proxectos presentados, e puxo en valor "a enorme capacidade de emprendemento deste territorio". 
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    xoves, 8 xuñ 2017
                    No marco do seminario "O plan de inversións para Europa. Unha oportunidade de crecemento para Galicia", organizado pola Comisión Europea en España e o Banco Europeo, Abel Caballero situou a Vigo á cabeza da aposta "sempre pola integración en Europa, como cidade aberta que somos" e destacou a capacidade olívica de xerar oportunidade das crises sabendo arriscarse cando aparece un novo escenario. Referiuse tamén á necesidade de cooperación entre os países e cidades, apuntando que "Europa é o futuro e a unión fainos máis fortes".