venres, 3 feb 2017
Abel Caballero informou este venres ao mediodía das intervencións realizadas polos servizos de bombeiros que superaron a cincuentena en toda a cidade, con todos os efectivos traballando en cuestións relacionadas co temporal.
xoves, 2 feb 2017
Vigo contará en breve cunha nova "turboglorieta", a de Jenaro de la Fuente, que se sumará ás seis que xa están a funcionar na cidade. O alcalde avanzou, asi mesmo, que xa se están a estudar os deseños de Praza do Bicentenario e da rotonda de Isaac Peral.
martes, 24 xan 2017
Abel Caballero explicou que onte luns se realizaron nas instalacións de ABANCA as probas de lectura das tarxetas de transporte metropolitano nas que se puido confirmar que o "sistema funciona".
xoves, 12 xan 2017
O alcalde recibiu hoxe xoves a Marina Ledo pola súa xubilación, unha "homenaxe persoal" e no nome da cidade "polos seus anos de traballo e por ese fito tan importante en prol da igualdade que foi ser a primeira muller na Policía Local de Vigo".
mércores, 4 xan 2017
Os últimos datos dispoñibles de viaxeiros -de xaneiro a novembro- revelan que o aeroporto de Vigo é o que máis crece no 2016 das principais terminais de España, dato "certamente alentador" que advirte das "enormes posibilidades" de Peinador. Para 2017, Vigo suma conexións directas con Edimburgo e Milán, xa a venda na web de Ryanair.
mércores, 4 xan 2017
A undécima edición do concurso anual da concesionaria do transporte urbano de Vigo recibiu máis de 300 debuxos e os tres gañadores decorarán o interior de tres dos autobuses.
xoves, 15 dec 2016
O alcalde reclama a activación do convenio para que a Xunta subvencione un autobús ao aeroporto, tal e como fai en Santiago. O Concello enviou en setembro as observacións ao texto do convenio e aínda non obtivo resposta.
mércores, 7 dec 2016
Abel Caballero eloxiou esta mañá de mércores o funcionamento dunha Rutaescola que permite aos alumnos de Primaria do Escultor Acuña acudir ao colexio camiñando e con seguridade viaria. Trátase dunha iniciativa que o Concello estudará estender a outros centros da cidade, dado o seu éxito.
mércores, 7 dec 2016
Abel Caballero estima "absolutamente inaceptable" a consideración actual do servizo xa que atende a 450.000 habitantes, polo que demandará o cambio ao Ministerio e á Dirección Xeral da Policía para ter mellores dotacións e atención. <br />
mércores, 23 nov 2016
"Vigo fixo o que tiña que facer" asinando o convenio para incorporarse ao plan de transporte metropolitano da comunidade, apuntou Caballero, polo que no caso de desacordo das partes na súa posta en marcha, debe acudirse á vía contencioso-administrativa, tal e como recolle o convenio.