Escoitar

O alcalde amosa a súa satisfacción polos novos locais da Garda Civil no Porto de Vigo

O rexedor trasladou esta mañá ao novo xeneral xefe da Garda Civil, Ángel Alonso Miranda, a súa satisfacción co traballo que desempeña no noso territorio ao tempo que os felicitou polos novos locais dos que van dispoñer no Porto de Vigo. Logo de facer un repaso pola súa actuación no aeroporto, na Autoridade Portuaria, nas Aduanas, e en diferentes zonas do territorio, Caballero transmitiulles o "absoluto" apoio da cidade a súa función.

mércores, 29 mar 2017
1490788945gardacivil.JPG
Descargar todas as imaxes