venres, 31 mar 2017
O presidente da FEMP reiterou esta mañá a petición de que as corporacións locais poidan investir o seu superávit en 2017, situado en 7.000 millóns aproximadamente. Resaltou que é a eficiencia dos concellos e das deputacións é a que permitiu que España cumprira os requisitos de déficit impostos dese Europa.
venres, 31 mar 2017
A Xunta de Goberno aprobou esta mañá dous convenios de colaboración con Vida Digna e con Banco de Alimentos, de 90.000 e 86.000 euros respectivamente. Tal e como explicou o rexedor, as achegas municipais a comedores sociais ascenden a 223.000 euros anuais.
venres, 31 mar 2017
O rexedor recibiu este venres no Concello ao alumnado dos IES Politécnico de Vigo e o IES Calvario que realizan un intercambio escolar co College Blaise-Pasca de Saint Flour en Anvergne, en Francia, que visitaron as instalacións municipais. Abel Caballero deulles a benvida á cidade e referiuse a esta acción educativa como un exemplo da unidade de Europa, poñendo en valor o papel da xuventude no irmandamento dos diferentes países do vello continente. Ademais, destacou a importancia das relacións económicas e comerciais de Vigo con Francia coa industria do automóbil como principal baluarte.
venres, 31 mar 2017
Preto dun cento de escolares vigueses de máis de 30 centros da cidade participaron na XIV edición do Concurso Dixital Infantil Internacional que se desenvolveu baixo o lema "O ciclo da auga, unha aventura para valentes". Abel Caballero entregou os galardóns aos doce finalistas vigueses e a unha das dez gañadoras: a viguesa María Sío Tizón, do CEIP Frián de Teis. O acto, que se desenvolveu na Praza do Rei, rematou cunha solta de globos con consellos de consumo responsable de auga achegados polos nenos e nenas participantes.