Escoitar

O Concello reitera o seu compromiso na "ruptura das barreiras polo autismo"

O segundo tenente de alcalde, David Regades, reiterou esta mañá o compromiso do goberno local coa tarefa que desenvolve na cidade a Fundación Menela. No acto do día mundial sobre a concienciación sobre o autismo, Regades agradeceu no nome da cidade a labor que desenvolven en favor da integración dunha parte moi importante da poboación.

xoves, 30 mar 2017
1490880089autismo.JPG
Baixo o lema "Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible", a Fundación Menela organizou esta mañá no Auditorio Municipal un acto para concienciar sobre o autismo. Logo de ler un manifesto reivindicativo, David Regades avogou porque as administracións segan a traballar á integración deste colectivo e ratificou o empeño do concello en seguir "rompendo barreiras polo autismo". O obxectivo da campaña é que a sociedade entenda cales son as dificultades -cognitivas e sociais- con fin de que ese coñecemento permita maior adaptación ás súas necesidades así como reforzar a súa inclusión en todos os ámbitos da sociedade.

No acto, protagonizado polos usuarios da Fundación, tamén estivo presente o presidente de Menela, Cipriano Jiménez, a concelleira de Benestar Social, Isaura Abelairas, ademais doutros membros da corporación.
Descargar todas as imaxes