O alcalde celebra a posta en marcha da nova conexión de Ryanair Vigo-Edimburgo
O alcalde de Vigo agradeceu a Ryanair a súa implicación con este territorio no día no que arrancou a nova conexión con Edimburgo, que se suma ás xa existentes con Milán, Bolonia, Dublín e Barcelona. A elevada porcentaxe de ocupación demostra, na súa opinión que "cando de Vigo saen avións, a xente voa desde Vigo".
Ryanair inaugurou este mércores a súa nova ruta entre Vigo Edimburgo, aberta no marco do concurso de promoción turística municipal, polo que este año a compañía tamén puxo en marcha a conexión con Milán, rutas que se suman ás implementadas o pasado ano: Barcelona, Bolonia e Dublín. Durante o tradicional "bautizo", Abel Caballero "recoñeceu" o esforzo de Ryanair e reiterou a vontade do Concello de manter "esta alianza" para que "Vigo teña os voos que sempre debeu ter" e continúe co nivel de pasaxeiros e capacidade de poder dar servizo a este territorio". Na súa opinión, volve demostrarse que "cando de Vigo saen avións, a xente voa desde Vigo".
O alcalde de Vigo asistiu esta mañá en Peinador á tradición aeronáutica de "bautizar" o avión no voo inaugural, nun acto no que estivo acompañado pola presidenta da Deputación, Carmela Silva e o sales and marketing manager para España de Ryanair, José Espartero.
Espartero destacou que as rutas xa abertas desde Vigo son "un éxito" e rexistran unha ocupación "moi alta", de practicamente o 100%. De feito, o avión bautizado procedente de Edimburgo encheu 185 das súas 189 prazas. De xeito similar, a conexión despegou desde Vigo cara Milán tamén tiña ocupados 175 dos 189 asentos dos que dispón.
A nova ruta a Edimburgo, ao igual que o resto de destinos internacionais, terá dúas frecuencias semanais e operará durante os meses de verán, concretamente, ata o próximo mes de outubro. Pola súa banda, a conexión con Barcelona é diaria.
Descargar todas as imaxes