O Concello reforza o servizo de limpeza para a Festa da Reconquista
Os actos de celebración comezan este luns coa entrega dos Premios Vigueses Distinguidos e prolónganse ata a fin de semana, cando se desenvolverán as principais actividades festivas. O alcalde convida a toda a cidade a celebrar a data.
Abel Caballero convidou a toda a cidade a gozar a festa da Reconquista esta fin de semana, especialmente o sábado e o domingo, que serán as xornadas nas que se concentren a maior parte das actividades. Con todo, os actos de conmemoración da expulsión dos franceses da cidade comezan este luns coa entrega da Medalla da Cidade e dos Premios Vigueses Distinguidos 2017.
O Casco Vello xa comezou a encherse de ornamentación para celebrar a festa e o Concello reforzará o servizo de recollida de residuos sólidos urbanos coa instalación de máis de 40 contedores de lixo para aumentar a capacidade. Amais organizaranse quendas extraordinarias para que a recollida se realice varias veces ao día e poñerase especial atención, segundo explicou o alcalde, ao remate da festa para que todo quede en perfecto estado.
Descargar todas as imaxes