O Concello reverterá os ingresos do IBI da Universidade en bolsas de comedor e inglés para o alumnado
Abel Caballero e Salustiano Mato mantiveron esta mañá un encontro no que acordaron que a Universidade recibirá en bolsas de comedor e inglés a cantidade que paga de IBI ao Concello. Así o explicou o rexedor nunha rolda de prensa na que tamén avanzou que o reitor fará uso do antigo despacho que tiña no edificio municipal do Areal ata que non remate a rehabilitación do inmoble de O Berbés, futura sede da entidade educativa.
O alcalde deu conta esta mañá de que a Universidade recibirá en forma de bolsas de comedor e de libros a cantidade que a entidade educativa abona ás arcas municipais en concepto de IBI. Tal e como xa lle avanzara o rexedor aos representantes de estudantes cos que mantivo un encontro recentemente, o sistema das bolsas de inglés será similar ao implementado coa Escola de Idiomas.
O alcalde tamén anunciou que Salustiano Mato poderá acceder de xeito inmediato ao despacho do antigo Reitorado ata que estea dispoñible o inmoble que se está a rehabilitar no Berbés. Trátase, dixo, de recuperar a figura do reitor como nexo entre Universidade e a cidade, que deben marchar xuntas. Caballero tamén fixo alusión á incorporación do Concello ao programa organizado coa chegada do Pergamino Vindel a Vigo, "o lugar de onde nunca debeu saír".
Respecto do proxecto da Cidade do Mar, Caballero explicou que levará ao próximo Pleno municipal unha proposta para instar á Xunta a que ceda directamente á Universidade os edificios da ETEA valorados en 5,5 millóns de euros. A iniciativa recollerá, igualmente, a petición de que Zona Franca adique á investigación universitaria os 5,5 millóns que lle pretende "agasallar" á Xunta polo que nese caso a Universidade recibiría 11 millóns de euros. Tal e como indicou, se a Xunta non contesta en cinco días a esta petición, o alcalde volverá a convocar ao reitor "para chegar a un acordo", rematou.
Descargar todas as imaxes