O alcalde valora a adxudicación da estación de Mayne como unha "gran noticia para a cidade"
O Consello de Administración de ADIF aprobará o 29 de marzo a adxudicación do Centro Vialia, logo do acordo acadado na reunión mantida este xoves entre o xestor ferroviario, o Concello e a Xunta de Galicia que dá luz verde á estación de Thom Mayne, ao complexo comercial e á nova estación de autobuses da cidade.
Abel Caballero amosou o seu "entusiasmo e satisfacción" polo acordo acadado hoxe entre o Concello de Vigo, ADIF e a Xunta de Galicia que é unha "gran noticia", un avance moi "interesante" para a cidade e unha "decisión para os vindeiros 100 anos".
Tras a reunión na que se confirmou a adxudicación do proxecto a Inmochan, o rexedor destacou a "vontade política de cooperación de todas as partes", o que permitirá chegar a un "acordo no financiamento" da obra necesaria para acometer o acceso ás estacións e ao centro comercial a través dun túnel que supoñerá a eliminación do paso elevado da rúa Alfonso XIII. "Imos cooperar todos e vaise completar de forma totalmente satisfactoria", engadiu, poñendo en valor o positivo que será para a cidade contar con estas infraestruturas e cun sistema de acceso ás mesmas que "resolve moitas cousas".
O presidente de ADIF, Juan Bravo, agradeceu a colaboración do Concello e a Xunta de Galicia para avanzar nesta infraestrutura e anunciou que o Consello de Administración da entidade adxudicará a Inmochan o proxecto do Centro Vialia, deseñado por Tom Mayne, o vindeiro mércores 29 de marzo. Así mesmo, destacou os avances alcanzados na garantía da mobilidade na zona, sinalando que aínda queda por diante tramitación administrativa, técnica e económica na que contan coa vontade das tres partes. Ao seu entender, o adxudicatario presentou un "proxecto integral" que, sendo "o de menos edificabilidade, cubre todas as necesidades de Vigo e desenvolve todo o ámbito co complemento da estación de autobuses."
A este respecto, a conselleira de Infraestruturas da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, anunciou o investimento de 10 millóns de euros para poder desenvolver o proxecto da nova terminal de autobuses de Vigo.
Descargar todas as imaxes