mércores, 22 mar 2017
O alcalde deu conta esta mañá dun aumento dun 37% nas achegas municipais para o deporte de base, que este ano ascenden a 750.000 euros. Tamén se referiu á aprobación do expediente de contratación para a organización dos campamentos de verán 2017.
mércores, 22 mar 2017
A Casa da Cultura Galega acolleu este mércores a presentación da XXVII Mostra do Encaixe de Camariñas que se celebra do 12 ao 16 de abril na vila da Costa da Morte. No acto, no que estiveron presentes a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o alcalde de Camariñas, Manuel V. Alonso xunto á concelleira delegada do encaixe, Sandra Ínsua, Abel Caballero salientou o bo facer das palilleiras e animou a todo Vigo a visitar durante a Semana Santa a Mostra pola súa beleza e porque Camariñas é un "lugar amigo", unido a Vigo polo mar e a artesanía.
mércores, 22 mar 2017
O Buque Oceanográfico Polar B.A.P Carrasco foi entregado hoxe por Construcciones Navales Freire á Mariña de Guerra de Perú nun acto celebrado no Porto de Vigo no que Abel Caballero puxo en valor o traballo conxunto de tecnoloxía e saber desenvolvido polo estaleiro vigués e a armada do país andino para botar ao mar unha "xoia da navegación". O rexedor felicitou ao persoal de Freire por ser quen de competir nun "mercado complicado" facendo os mellores barcos e, ademais, transmitiulle o afecto da cidade ao Perú polo drama humano provocado polas inundacións que sofren e que causaron xa a morte de 78 persoas.