O goberno local apoia con 750.000 euros o deporte de base, un 37% máis que o ano pasado
O alcalde deu conta esta mañá dun aumento dun 37% nas achegas municipais para o deporte de base, que este ano ascenden a 750.000 euros. Tamén se referiu á aprobación do expediente de contratación para a organización dos campamentos de verán 2017.
A Xunta de Goberno deu luz verde ás bases e á convocatoria específica para o proxecto de subvencións a entidades deportivas sen ánimo de lucro, para a tempada 2016/17. Son 750.000 euros, 200.000 máis que o ano pasado, o que supón un incremento dun 37%. O ano pasado beneficiáronse destas axudas 169 clubes vigueses.
Os destinatarios son todas as entidades deportivas da cidade que non sexan de elite e os fondos distribuiranse por concorrencia competitiva. Entre outros criterios, valorarase a actividade xeral da actividade (traxectoria, relevancia do proxecto na cidade, repercusión mediática, volume da actividade..); promoción do deporte de base (número de licencias, sobre todo, femininas); estrutura da entidade deportiva e deporte e discapacidade, este mérito é a primeira vez que se introduce, co obxectivo de camiñar na igualdade no deporte, engadiu o rexedor.
O goberno de Vigo tamén aprobou o expediente de contratación do servizo para a organización e prestación dos campamentos de verano 2017. Cun importe de 189.000 euros, a contratación será por lotes temáticos: Verán náutico, Verán mariñeiro, Verán na praia, Verán con temáticas ecoloxistas, artísticas e multideportivas; Verán en inglés e campamentos con pernocta en Vigozoo. Tal e como explicou o alcalde, o prazo para que as empresas poidan presentar ofertas rematará quince días despois de que se publique o anuncio no BOP.