Vigo condena o ataque terrorista de Londres cun minuto de silencio e as bandeiras a media hasta
A Corporación Municipal gardou este mediodía un minuto de silencio en sinal de condena do ataque terrorista perpetrado onte fronte ao Parlamento Británico, que o alcalde cualificou de "barbarie" e "acto detestable e condenable". Caballero amosou o pesar e a dor da cidade ante o sucedido e transmitiulle todo o cariño ás vítimas e ás súas familias, cunha mención especial á galega Aysha Frade, que perdeu a vida no atentado. Como mostra de solidariedade, as bandeiras do Concello ondearán a media hasta durante tres días.