A Corporación demanda á Xunta que recupere o Rebullón para uso sociosanitario
A unanimidade do Pleno deu luz verde á moción na que Marea de Vigo demanda o uso do edificio tendo en conta as carencias de servizos públicos neste eido en Vigo e na comarca. Ademais, quedou aprobada a moción popular que insta ao goberno local a concretar as condicións da concesión administrativa do Estadio de Balaídos ao Celta.
O Pleno Municipal aprobou este mércores por unanimidade a moción de Marea de Vigo que insta á Xunta de Galicia á recuperación en breve prazo do antigo Hospital do Rebullón e a que organice a implantación de servizos sociosanitarios públicos como poden ser residencia xeriátrica ou centro de día, que beneficien á veciñanza da comarca e de Galicia.
A edil Margarida López Barreiro expuxo a necesidade de que o goberno autonómico defina o destino do edificio tendo en conta as carencias de servizos públicos de carácter social e sanitario nunha área onde 1.700 persoas agardan, por exemplo, por unha praza nunha residencia de maiores. Ademais defendeu a situación accesible das instalacións nunha contorna tranquila e con amplo aparcadoiro, na que xa se percibe deterioro.
O concelleiro popular Ángel Piñeiro mencionou a necesaria reforma do edificio para adaptalo a persoas dependentes e ao descoñecemento do investimento preciso para desenvolver esa actuación.
O voceiro socialista, Carlos López Font, expuxo que a proposta require ser abordada dentro dunha planificación sanitaria máis ampla por parte do SERGAS, que ten "cantidade de deberes pendentes" en Vigo e que debe demandarse tamén o financiamento por parte da Xunta de Galicia. Ademais, considerou necesario o diálogo co concello de Mos, onde se sitúa o edificio.
Moción popular sobre a concesión de Balaídos
A Corporación deu luz verde tamén hoxe, co apoio dos socialistas e o voto en contra de Marea de Vigo, á moción do grupo popular pola que se insta ao goberno municipal a concretar, de xeito inmediato, as condicións da concesión administrativa do Estadio Municipal de Balaídos para o Real Club Celta e a concretar, de acordo co Celta e dentro do marco da legalidade, unha proposta de Cidade Deportiva para a entidade.
A voceira do PP, Elena Muñoz, expuxo a necesidade de que o goberno local amplíe a información sobre esa concesión ao Celta, concretando o canon que levaría aparellada ou o período da mesma porque debe "tomarse en serio o futuro do equipo e da cidade". Rubén Pérez de Marea de Vigo sinalou que haberá que agardar a resposta do Club e coñecer cal é a cidade deportiva que quere. Mentres, o voceiro socialista, Carlos Font, explicou que o Celta é un "tema de cidade no que traballamos desde hai moito tempo" criticando a inconsistencia, partidismo e vantaxismo da moción popular.