Escoitar

O alcalde cualifica de "imprescindible" a Cidade do Transporte na área de Vigo

O rexedor explicitou esta mañá o seu apoio ao proxecto de Cidade do Transporte ao que cualificou de "imprescindible" nunha reunión que mantivo con Asetranspo. Reclamou coñecer detalles desta iniciativa e saber canto vai achegar á Xunta de Galicia para o seu financiamento.

martes, 14 feb 2017
1487079394asetranspo.JPG
Abel Caballero trasladou aos responsables de Asetranspo o seu apoio á posta en marcha da Cidade do Transporte, por consideralo un proxecto "imprescindible" na área de Vigo. Logo de avanzar que serán os técnicos os que busquen a situación óptima, instou á delegada de Zona Franca a compartir os detalles desta iniciativa "porque ata o de agora non o coñezo" e para saber, ademais, cal vai ser a achega da Xunta de Galicia no investimento e no posterior mantemento do proxecto. O rexedor mantivo esta mañá un encontro co presidente, co vicepresidente e coa xerente de Asetranspo, Ramón Alonso, José Mañas e María Álvarez, respectivamente.
Descargar todas as imaxes