martes, 14 feb 2017
O alcalde asinou hoxe martes senllos convenios coa Federación Galega de Taekwondo, co IES A Guía, con Down Vigo, Alborada, San Francisco, co CEIP Altamar e co IES Santa Irene, entidades que poden empregar de balde as instalacións deportivas da cidade. Caballero cifrou en 213.000 euros o apoio do Concello a distintas organizacións neste concepto.
martes, 14 feb 2017
O alcalde informou da posta á venda dos billetes dende hoxe martes para conectar Vigo coa capital condal os luns e os venres pola mañá, entre abril e xuño, unha "boa noticia que amosa como tira o aeroporto de Vigo".
martes, 14 feb 2017
Abel Caballero informou este martes das actividades organizadas polo goberno vigués para conmemorar o Día de Rosalía, o 24 de febreiro, día do seu nacemento no ano 1837. O Concello programa un paseo literario para este sábado e, de cara á próxima semana, unha charla sobre a figura da escritora e un recital poético a cargo de estudantes.
martes, 14 feb 2017
A sétima edición da feira galega do vehículo clásico e de época abrirá as súas portas o venres 17 no Ifevi. Ao longo de 17.000 m2, contará con 80 expositores e 200 vehículos de exposición. Este ano réndese unha homenaxe especial a Ferrari polo seu 70 aniversario.