xoves, 16 febreiro 2017

Caballero aposta pola acción sindical defensa dos dereitos dos traballadores

xoves, 16 feb 2017

O alcalde asistiu á apertura das Xornadas da Comisión Europea de Sindicatos, que abordarán a súa acción internacional coordinada no sur de Europa para manter un posicionamento común e evitar medidas depresivas dos salarios e das condicións de traballo indebidas. Caballero celebrou que o encontro se realizara na cidade contando coa presenza dos secretarios xerais de CCOO e UXT e representantes portugueses de "altísimo nivel" e reclamou acción sindical para evitar o dumping. <br />

O rexedor dálle a benvida á cidade ao Shakhtar Donetsk

xoves, 16 feb 2017

Abel Caballero presidiu este xoves a recepción que o Concello ofreceu aos responsables do Celta, do ucraniano Shakhtar Donetsk e da UEFA no Pazo de Castrelos con motivo do partido que enfronta aos dous equipos este serán en Balaídos. Na súa intervención, confiou na vitoria dos celestes e animou aos representantes do equipo e da UEFA a coñecer a cidade.