O Concello activa unha nova liña de transporte urbano directa ao Álvaro Cunqueiro
Co obxectivo de dar servizo a Teis, O Calvario, Lavadores e Beade para chegar ao novo Hospital, a nova liña H3 comezará a funcionar nun prazo de dúas ou tres semanas con saídas desde García Garbón e cun custe de 66.000 euros. Ademais o Concello presentará a súa candidatura a 9 bandeiras e 3 sendeiros azuis.
O alcalde anunciou a posta en funcionamento dunha nova liña de transporte urbano directa ao Hospital Álvaro Cunqueiro, a H3, que dará cobertura a Teis, Lavadores, O Calvario e Beade.
O novo servizo comeza o percorrido de ida en García Barbón "Calzada", seguindo por Sanjurjo Badía, Bos Aires, Travesía de Vigo, Aragón, Jenaro de la Fuente, Ramón Nieto, Manuel Álvarez, Estrada Vella de Madrid, Seminario, Lameiro, Beade e Hospital Álvaro Cunqueiro. A volta realizarase polo mesmo traxecto e, segundo Caballero, "faremos que o servizo sexa moi rápido". As saídas de García Barbón serán ás 07:45 e ás 11:00 horas da mañá "dúas horas con demanda constatada", apuntou, e as saídas dende hospital serán ás 10:15 e ás 13:15.
Segundo expuxo, o custo estimado do servizo é de 66.000 euros ao ano e, ata agora, os cambios efectuados no transporte urbano vigués para conectar a cidadanía co novo hospital supuxeron un custo de máis de 700.000 euros.
O Concello iniciou hoxe a tramitación da ampliación do servizo de transporte urbano con esta nova conexión, que podería estar en funcionamento nun prazo de dúas ou tres semanas. Con todo, o rexedor apuntou que se poderán ampliar frecuencias e horarios se o requirise a demanda do mesmo.
Ademais, engadiu que o Concello estuda outras zonas para o establecemento de novas liñas co Hospital que "cambiou o sistema de circulación do transporte urbano de Vigo e o Concello debe seguir adaptándoo" ás necesidades dos usuarios. Nestes momentos, as liñas ao Álvaro Cunqueiro moven diariamente 2.300 usuarios nun total de 137 viaxes desde diferentes puntos da cidade, cunha demanda maior en horario de mañá.
Solicitude de 9 bandeiras azuis
A Xunta de Goberno Local ratificou este xoves a presentación das candidaturas da cidade á campaña de bandeiras e sendeiros azuis de 2017. O Concello solicitará a bandeira azul para nove areais: A Punta, Tombo do Gato, Argazada, Fontaíña, Vao, Canido, Fortiñón, Rodas e Figueiras. Amais pedirá a renovación dos galardóns de tres Sendeiros Azuis: a ruta do Lagares "camiño a Beiramar", a Senda Entre Faros nas Illas Cíes e a Senda Litoral e do Monte da Guía en Teis.
Así mesmo, quedou aprobada a clasificación de ofertas para a contratación do servizo de mantemento integral do exotario e do bolboretario do Zoo cun importe de licitación de 167.000 euros en 3 anualidades.