O Concello inicia o Entroido cos concertos de Sidonie e "La Edad de Oro del Pop Español"
O alcalde avanzou este mércores os espectáculos cos que dará comezo o Entroido deste ano, un dobre concerto gratuíto o próximo venres, 24 de febreiro, na Porta do Sol con "La Edad de Oro del Pop Español" ás 21h e, ás 23 horas, a actuación do grupo barcelonés Sidonie.
O alcalde apuntou que este ano "o pregón é a música" de ambas formacións e animou á cidade a gozar dos concertos que darán a saída á programación do Entroido 2017, aínda por desvelar.