Caballero anima á cidade a visitar no Ifevi a sétima edición do Salón Retro Galicia
A sétima edición da feira galega do vehículo clásico e de época abrirá as súas portas o venres 17 no Ifevi. Ao longo de 17.000 m2, contará con 80 expositores e 200 vehículos de exposición. Este ano réndese unha homenaxe especial a Ferrari polo seu 70 aniversario.
O alcalde de Vigo participou esta mañá na presentación do Salón Retro Galicia que inicia este venres a súa sétima edición no recinto feiral de Vigo. Con un espazo de 17.000 m2, a feira galega do vehículo clásico e de época renderá unha homenaxe especial a Ferrari, polo seu 70 aniversario. Na rolda de prensa tamén estiveron presentes o organizador, José Enrique Elvira, e o xerente do Ifevi, Arsenio Prieto.
Nesta edición, os asistentes que se acheguen ao Ifevi en coches ou motos clásicas contará un aparcamento gratuíto, cuberto e vixiado e o número de expositores roldará os 80 mentres que serán preto de 200 os vehículos en exhibición.
Segundo se detallou, a feira contará cunha colección de máis dunha vintena de deportivos italianos, entre os que destaca un Ferrari 250 GTO Alegretti ou un Daytona Cabrio que, cedida por propietarios particulares de Galicia, será o gran atractivo desta edición.
O Salón tamén ofrecerá múltiples actividades ao longo de toda a fin de semana, destacando o sábado unha concentración de Ferrari e outra de superdeportivos GT. Tamén se organizará o XI Rally de Primavera, coa posterior exposición dos coches participantes.
Descargar todas as imaxes