Escoitar

O alcalde entrega a catro usuarios de "scooters" o carné de acceso ao autobús urbano

Dende hoxe martes poden desprazarse en transporte público urbano os primeiros catro usuarios de cadeiras de rodas motorizadas, logo de realizaren un curso formativo para o seu manexo. Vigo é a primeira cidade galega en activar este sistema.

martes, 21 feb 2017
1487685055VITRASA.JPG
Abel Caballero entregou este martes os carnés de acceso ao transporte público da cidade a catro usuarios de cadeiras de rodas motorizadas que nas últimas semanas estiveron formándose para familiarizarse co seu manexo dentro dos autobuses.

Así, Vigo convértese na primeira cidade de Galicia en poñer en funcionamento este sistema que lles permitirá aos usuarios acceder a toda a flota de autobuses urbanos, que están adaptados para estas cadeiras de rodas, algúns ofrecendo unha praza e outros dúas prazas.

Ademais, hai outras seis persoas formándose para obter a acreditación que lles permitirán empregar o transporte público coas súas "scooters".
Descargar todas as imaxes