O goberno de Vigo dotará de usos públicos á rehabilitada Casa do Patín de Bouzas
O alcalde explicou este luns que o inmoble acollerá a colectivos cidadáns, un espazo de lectura, un salón de actos e unha oficina municipal. O Concello investiu 385.000 euros na rehabilitación dun "edificio singular de importancia histórica", en verbas de Caballero, "unha das mellores e máis importantes recuperacións que se fixo nunca nesta cidade".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este luns a recuperada Casa do Patín, en Bouzas, un "edificio singular de importancia histórica" na cidade, que será adicado para usos públicos: sede de colectivos cidadáns, un espazo de lectura, un salón de actos e unha oficina municipal.
O rexedor vigués recordou que o inmoble, hai cinco anos, era unha "ruina" pese a ser un dos edificios "máis importantes" da cidade e catalogado con protección integral. No mandato anterior, explicou, o goberno de Vigo acordou a súa expropiación, por importe lixeiramente superior ao medio millón de euros. No 2013 o Concello acometeu obras de urxencia para garantir a súa estabilidade, no 2014 aprobou o proxecto básico e de execución, licitou a obra por case medio millón de euros e adxudicouna en 385.000 euros.
Abel Caballero subliñou a "calidade" da reforma e o seu "extraordinario deseño" e felicitou a Carmela Silva, concelleira de Patrimonio Histórico, por levar adiante a rehabilitación. Trátase para o alcalde "dunha das mellores e máis importantes recuperacións que se fixo nunca na historia desta cidade".
Descargar todas as imaxes