Escoitar

O Concello xa ten recibido 1.100 solicitudes ao plan de axudas para alimentos, enerxía e vivenda

O alcalde recordou este venres que permanece aberto o prazo para solicitar estas axudas para familias con menos recursos, ata o próximo 3 de marzo con cita previa a través da web do Concello ou no teléfono gratuíto 010. O goberno de Vigo conta con 2,5 millóns para pagos de alimentación, enerxía e aluguer e hipoteca.

venres, 17 feb 2017
O prazo para optar ao programa extraordinario de axudas para familias con menos recursos está aberto desde o pasado día 1 de febreiro e ata o 3 de marzo. Ata este venres, indicou Caballero esta mañá, xa foron rexistradas 1.100 solicitudes no Concello de Vigo.

O alcalde vigués animou aos posibles beneficiarios a solicitar cita previa no teléfono gratuíto 010 ou na web municipal e recordou que o goberno que dirixe conta este ano con algo máis de 2,5 millóns de euros para axudas de emerxencia a familias para os seus pagos de alimentos, enerxía (electricidade e gas) e vivenda (aluguer e hipoteca).