xoves, 23 feb 2017
O goberno local enviará de xeito inmediato ao Goberno Central o anteproxecto da proposta técnica que permitiría converter en vial urbano o tramo da AP9 comprendido entre Bos Aires e o centro da cidade. En rolda de prensa, Caballero cualificou de "moi boa nova" que o Ministerio de Fomento sexa "sensible" con esta reclamación.
xoves, 23 feb 2017
O alcalde participou esta mañá na presentación de Génesis, Arte en la calle, un proxecto de Sebastiâo Salgado que recolle os oito anos que explorou a beleza da natureza en todo o mundo. Trinta oito imaxes deste fotógrafo brasileiro estarán instaladas na rúa Príncipe ata o próximo 22 de marzo.
xoves, 23 feb 2017
Este xoves, a Praza do Rei acolleu unha lectura de poemas e solta de globos no que tomaron parte 400 alumnos e alumnas de sete centros educativos da cidade. Esta actividade formou parte do programa municipal para conmemorar o Día de Rosalía de Castro.
xoves, 23 feb 2017
O investimento municipal para os oito centros sitúase en 1,7 millóns de euros e, segundo explicou o alcalde, "a metade dos usuarios están exentos de pago" por teren rendas baixas. Ademais aprobáronse axudas directas a mulleres vítimas da violencia de xénero e a cesión temporal dunha vivenda para unha unidade familiar nesta situación.
xoves, 23 feb 2017
O concelleiro de Deportes advertiu ao afeccionado local que estea preparado este domingo (11:00 horas, Central das Travesas) para gozar da terceira edición do Trofeo Cidade de Vigo de baile deportivo.