Escoitar

O rexedor celebra que Fomento e Xunta apoien converter en vía urbana a AP9 desde Bos Aires ao centro da cidade

O goberno local enviará de xeito inmediato ao Goberno Central o anteproxecto da proposta técnica que permitiría converter en vial urbano o tramo da AP9 comprendido entre Bos Aires e o centro da cidade. En rolda de prensa, Caballero cualificou de "moi boa nova" que o Ministerio de Fomento sexa "sensible" con esta reclamación.

xoves, 23 feb 2017
Caballero cualificou de "moi boa nova" que tanto a Xunta como o Ministerio de Fomento apoien a proposta do goberno local de converter en vial urbano o tramo da AP9 que transcorre entre o enlace de Bos Aires e o centro da cidade. Trátase de 2,5 km de autoestrada que xa está libre de peaxe polo que non habería que liberar peaxe ningún. O rexedor avanzou que enviará "hoxe mesmo" ao presidente do Goberno o anteproxecto coas entradas e saídas que haberá que construír para que ese tramo poida formar parte do tráfico urbano. Respecto do finanzamento, o rexedor lembrou que esta é a obra que elixiu o goberno local para que financie a Xunta, dado o compromiso de Alberto Núñez Feijóo de investir en Vigo o equivalente aos doce millóns que custou o túnel de O Parrote en A Coruña.