O Concello homenaxea a Rosalía cunha lectura de poemas con 400 escolares
Este xoves, a Praza do Rei acolleu unha lectura de poemas e solta de globos no que tomaron parte 400 alumnos e alumnas de sete centros educativos da cidade. Esta actividade formou parte do programa municipal para conmemorar o Día de Rosalía de Castro.
O Concello está a celebrar ao longo desta semana o Día de Rosalía -o 24 de febreiro, día do seu nacemento no ano 1837- e, dentro do programa, promoveu este xoves unha lectura de poemas e solta de globos na Praza do Rei, coa participación de 400 escolares de sete colexios vigueses (Compañía de María, Salesianas, Don Bosco, Miralba, Canicouva, San Salvador e Frián-Teis).
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, foi o encargado de abrir esta xornada, tras o que tomaron parte os nenos e nenas para ler un manifestou e recitar poesías doutros autores a Rosalía e versos da propia homenaxeada. Ao remate, o alumnado soltou globos con mesaxes polo Día de Rosalía.
Descargar todas as imaxes