O Concello personase ante o recurso da Xunta contra a Area Metropolitana de Vigo
A Corporación de Vigo posicionouse este mércores a favor do personamento, co respaldo do PSOE e da Marea, e a abstención do PP. O voceiro socialista, Carlos L. Font, denunciou a utilización "perversa" dos xulgados por parte do goberno autonómico e recordou que apoian a Área municipios de cinco cores políticas distintas que representan ao 84% da poboación metropolitana.
Font manifestou que o Contencioso presentado pola Xunta de Galicia busca "boicotear" a Área Metropolitana de Vigo e supón un "ataque" á autonomía local e a todos os cidadáns metropolitanos. Recordou o concelleiro que son os alcaldes do PP os únicos que non participan do goberno da Área, mentres que si están alcaldes e alcaldesas de cinco cores políticas distintas que representan ao 84% da poboación.
O voceiro da Marea explicou que o personamento é necesario toda vez a Xunta presentou o Contencioso, reiterou que a elección do presidente -cuestionada na denuncia autonómica- é un feito "asumido" e que de haber un problema a xudicializar tería que ser a interpretación da lei e non a constitución da Área Metropolitana nin a elección da presidencia. Pérez concluíu que a xudicialización do novo ente supón a morte do mesmo e impedirá debates de asuntos tan importantes como o transporte, entre os que citou a xestión da auga.
O Partido Popular abstívose na votación, mais denunciou Elena Muñoz que o alcalde é o "culpable" da situación e asegurou que a sesión de constitución da Área foi "ilegal". A voceira indicou que, se Caballero cumpre o convenio do transporte metropolitano, a Área se "desbloquea mañá".
O goberno de Vigo está a cumprir o convenio asinado, reiterou Carlos Font durante a súa intervención de peche, tal e como o propio alcalde de Vigo explicou aos seus homólogos de Mos e Redondela nunha reunión e estes aceptaron. Font denunciou que a Xunta pretende "barra libre" para todos no autobús urbano, pagado polos vigueses, e reiterou que o recurso da Xunta pretende "boicotear" a Área.